Residuos plásticos, un problema que nos afecta a todos
Ves como cada día xeras e tiras unha gran cantidade de residuos plásticos?
Os nosos contornos naturais aparecen cada día máis abarrotados de plástico; atopámolo por todas partes: montañas, ríos, praias…
Que mundo queremos deixar ás futuras xeracións?

O problema do plástico
O plástico é un recurso moi abundante e, aínda que ten unha vida útil moi longa, desbótamolo rapidamente, sen pensar no impacto que isto xera no medio ambiente.
Como un material tan duradeiro pode desbotarse tan rapidamente?










- Cada segundo xéranse 12 toneladas de produtos plásticos
- Máis do 40% dos plásticos son de un só uso
- Hoxe só se recicla o 9% do plástico
- O 72% da auga de Europa contén microplásticos
- Semanalmente inxerimos o equivalente ao peso dunha tarxeta de crédito en plástico
- 1,5 millóns de animais morren ao ano por culpa dos residuos plásticos
- Reducimos o consumo de produtos plásticos
- Reutilizamos os residuos plásticos xerados
- Reciclamos o plástico en proximidade
- Realizamos limpezas en espazos naturais e lugares de lecer
- Educamos para concienciar sobre a importancia do desenvolvemento sostible e do medio ambiente
- Creamos novos útiles a partir de residuos plásticos
- Xeramos emprego local e promovemos a economía circular




























Aventura Plástica é un exemplo de emprendemento social e responsable que a todos nos encantou.
O obradoiro superou todas as nosas expectativas, teñen unha enorme capacidade de transmisión e conexión co público xuvenil, que foi consciente da necesidade de reducir os residuos plásticos que xeran na súa actividade profesional. E nada hai que dicir sobre o momento estelar da máquina de inxección. Pura maxia!!!

Impresionante, puideron ver de primeira man a laboriosa tarefa da reciclaxe de plásticos, pasaron da teoría da aula á práctica. É completo e fundamental nos centros educativos. O alumnado ve a importancia de REDUCIR e RECICLAR. Obradoiro que tamén se pode realizar por videoconferencia ou presencial.

Un obradoiro fenomenal para concienciar ás novas xeracións da importancia de coidar o noso planeta con pequenas accións. Os propios alumnos comentaron a actividade entre eles de forma moi positiva.

A realización do obradoiro foi unha actividade moi clarificadora sobre o que intentamos transmitir ao alumnado ao longo do curso. Aprenderon e interiorizaron moitas cousas dun xeito dinámico e lúdico, a mostra de que lles gustou foron as súas opinións, todas moi positivas.

Actividade moi interesante ademais de innovadora, para concienciar á poboación sobre o consumo excesivo de plástico e tamén sobre a súa reciclaxe. Totalmente recomendable a todos os niveis, tanto para nenos como para adultos. O obradoiro está perfectamente planificado, con explicacións fáciles de entender para todos e complementadas coa parte práctica que pon a “guinda do pastel”.

Moi boa experiencia, formativa e didáctica, imprescindible para a concienciación das futuras xeracións. O alumnado toma conciencia de que o consumo actual influirá no mundo co que se atoparán mañá. Completamente recomendado

Últimas entradas do blog
Descarga a guía gratuíta para reducir os teus residuos plásticos e consumir de forma responsable
Unha botella de auga que bebemos en 2 minutos tardará 500 anos en degradarse se non se xestiona correctamente. Debemos responsabilizarnos dos nosos residuos e evitar determinados hábitos de consumo que teñen alternativas 100% reutilizables.