Beneficios da educación medioambiental no teu territorio

Non somos conscientes da cantidade de residuos que xeneramos. Concienciarse e ver o problema é o primeiro paso para tomar accións efectivas no camiño cara ao residuo cero.

Os nosos espazos naturais están cada día máis cheos de plástico e aínda existe a percepción de normalidade na forma que temos de xestionar os nosos residuos.

Temos que cambiar a forma en que interactuamos co noso entorno para vivir nunha comunidade sostible co medio ambiente.

A nosa historia

Todo comezou cun problema na recollida de residuos. De un día para outro, os camións deixaron de vir tan a miúdo.

O lixo comezou a amontoarse e era o colector amarelo o que máis rápido colapsaba. Nuns días xenerábanse montañas de plástico que acababan sendo arrastradas polo vento cara aos nosos ríos e montañas.

Démonos conta de que éramos parte do problema, achegábamos recurrentemente unha bolsa polo que unha parte era responsabilidade nosa.

Que pasaría se deixáramos de levar tantas bolsas de plástico? Que poderiamos facer con estes residuos para revalorizalos?

O plástico é un problema global, non debemos martirizarnos, pero si que podemos xerar un impacto real con pequenas accións no noso día a día.

Co paso do tempo aprendemos a reducir os útiles de plástico, reutilizamos sempre que podemos e por último reciclámolos en proximidade, para xerar novos útiles, que terán unha segunda vida o máis longa e útil posible.

Imaxina que a túa comunidade axuda a crear un mundo máis limpo

Imaxina que cada cidade é responsable dos seus residuos. Unha cidade onde os residuos se digiren e reaproveitan no seu punto de orixe, cunha cidadanía concienciada e responsable, xerando novos postos de traballo e novos útiles para o noso entorno.

Soa ben, verdade?

Non vai ser fácil, pero o primeiro paso é comezar…

Beneficios das nosas charlas

Ser conscientes do problema do plástico é a primeira meta.

Consumimos produtos dos cales descoñecemos o seu proceso de fabricación e o tratamento ao final da súa vida útil.

Aprenderemos a reducir o consumo de plásticos, sobre todo os de un só uso.

Hoxe en día contamos con infindade de materiais alternativos para substituír os plásticos por outros máis sostibles co medio ambiente.

Antes de chegar ao proceso de reciclaxe, é fundamental que reutilicemos, sempre que se poida, os nosos utensilios plásticos para darlles unha segunda vida, sen ter que procesalos como tal.

Destripamos o proceso de reciclaxe.

Aprenderás a:

  • Separar e catalogar os distintos plásticos
  • Propiedades e usos
  • Perigos e beneficios
  • Proceso de reciclaxe: clasificación, limpeza, triturado e inxectado

Cantos obxectos coñecemos que son creados con data de caducidade?

Ensinámosche a distinguir e avaliar produtos, de forma que, na medida do posible, compres cousas duradeiras e fáciles de xestionar ao final da súa vida útil.

Fomentamos o aproveitamento de residuos en proximidade, favorecendo a creación de empregos e o desenvolvemento local, xerando un valor económico en residuos que actualmente se desbotan e o seu tratamento supón un gran custo para o contribuínte.

Experiencia

Dende 2018 separámos os nosos residuos plásticos, clasificándoos segundo as súas propiedades e procesándoos para xerar novos útiles.

Somos moi conscientes da realidade na xestión de residuos; mala separación, transportes moi costosos, alto porcentaxe de residuos revalorizables que se perden no vertedoiro, envíos internacionais para que outros países traten o noso lixo, incineración e creación de vertedoiros cada vez máis grandes.

É necesario poñer en marcha iniciativas que alivien esas tarefas e poñan en valor determinados residuos reaproveitables a nivel local.

Educación sobre o plástico e o seu reciclaxe

Traballar para fomentar no teu entorno unha redución na cantidade de residuos plásticos e un reaproveitamento óptimo dos poucos que se xeran.

Contidos

  • Campaña de concienciación para a redución do uso de plástico, hábitos de consumo contaminantes. Chequeo dos residuos máis abundantes do entorno cercano.
  • Análise de espazos naturais próximos, examinar o estado de contaminación por plásticos dos entornos naturais máis próximos; a nivel visual superficial e experimento específico sobre subsolo e residuos enterrados.
  • Fomento da reutilización. Lote de ideas para reutilización de diversos residuos comúns de desfeito rápido.
  • Reciclaxe de plástico: Introdución ao proceso de reciclaxe de plástico, tipos de plástico, separación, limpeza, triturado, inxeción, extrusión e compresión.
  • Deseño eficiente e sostibilidade. Valoración e análise dos distintos procesos levados a cabo e conclusión colectiva sobre o actual estado da xestión de residuos.

Por que Aventura Plástica?

Solicitar unha reunión de contacto

Estás interesado en fomentar unha iniciativa de educación ambiental na túa zona? A través deste enlace, poderás solicitar unha videoconferencia de diagnóstico, onde valoraremos que opcións podemos promover contigo.