Somos Aventura Plástica

  É un proxecto que nace en 2018 coa misión de concienciar e educar sobre a problemática do plástico.

  Ves como cada día xeras e tiras unha gran cantidade de residuos plásticos?  Nós tamén o sufrimos e por iso decidimos pasar a ser parte da solución.

  Todos coñecemos o estado do noso planeta e tememos un futuro aínda peor. É imprescindible fomentar unha educación ambiental e que no futuro contemos cunha sociedade responsable cos seus hábitos de consumo e co seu entorno.

Onde acaba o plástico que deixamos no colector amarelo?

Somos realmente conscientes do dano que nos facemos?

No noso caso, deixamos de mirar para outro lado e comezamos a facer pequenos cambios, tantos que cambiamos os nosos hábitos de consumo, atopando alternativas sinxelas, saudables e sostibles… ¡É máis doado do que imaxinas!

No medio do cambio atopámonos co proxecto global Precious Plastic no que atopamos a inspiración para lanzar a idea en Galicia; Sensibilización ambiental para un futuro máis sostible, dun xeito práctico e divertido, transformamos os residuos en obxectos útiles.

Poñemos en valor a educación ambiental e o desenvolvemento sostible.

A educación ambiental pretende potenciar o interese pola conservación da natureza e a óptima xestión dos nosos recursos.

En Aventura Plástica ensinamos de forma divertida e práctica a maneira de reducir e transformar os residuos plásticos do teu entorno, así como a concienciar sobre o problema do plástico, un problema global que nos afecta a todos.

Nós

Somos Alba e Fabián, unha parella apaixonada polo medio ambiente e a natureza que queremos achegar o noso gran de area para mellorar o noso entorno. Vivimos no Val Miñor, un lugar marabilloso, cargado de historia e natureza. ¿Acaso non deberiamos coidar deste paraíso?

Alba

Axente comercial e graduada en física. Namorada do medio ambiente, adora toda a flora e fauna silvestre.

Fabián

Especialista en medios técnicos audiovisuais. Apaixonado pola natureza e o desenvolvemento sostible.

Descarga a guía gratuíta para reducir os teus residuos plásticos e consumir de forma responsable

Apetéceche comezar unha vida máis sostible?