Todos os nosos produtos están feitos de forma artesanal por Aventura Plástica con plástico reciclado recollido do entorno galego.
Mercando os produtos na nosa tenda, levas unha obra de arte única e irrepetible e colaborarás a que este proxecto poida medrar e recoller cada día máis plástico, evitando que este contamine o noso entorno e dándolle unha segunda vida.
O NOSO PROCESO DE RECICLAXE
O proceso de fabricación dos nosos produtos de plástico reciclado consta dunha longa e laboriosa cadea de tarefas, cada unha máis importante ca a outra.
A continuación detallámosvolas.
1º. Recollida de plástico
O primeiro paso será conseguir o plástico.
A través dos nosos veciños, coñecidos e voluntarios conseguimos o residuo. Puntualmente facemos recollidas ou poñemos contedores en locais comerciais da zona.
2º Tratamento do plástico
Unha vez recollido, temos que lavalo.
Hai plástico que nos vén perfectamente limpo e isto afórranos moito tempo e traballo, pero sempre debemos comprobar que non teña impurezas, senón poderiamos estropear o resto da cadea.
Unha vez ben limpo, debemos separalo por tipos e por cores.
Separalo por tipos impedirá que mesturemos dous plásticos diferentes, perdendo así a pureza do plástico e as súas propiedades.
Ao separalo por cores, permitirános ter unha paleta de cores por separado que logo mesturaremos ao gusto segundo a necesidade e o stock que teñamos.
3º Triturado
Unha vez o temos separado, procedemos ao seu triturado.
Se a peza de plástico no seu inicio é moi grande (por exemplo, unha garrafa), debemos precortala antes con unhas fortes tesoiras, xa que a nosa trituradora non ten a potencia suficiente para triturar estas pezas tan grandes.
4º Transformación do plástico
Mediante diversos métodos, sempre xogando co calor e a fusión do plástico, conseguimos os obxectos desexados.
Levamos desde 2018 traballando co plástico reciclado, a nosa experiencia permítenos conseguir combinacións de cores irrepetibles, texturas únicas e formas especiais.
Se queres obter ou regalar un produto único e especial, e ademais colaborar co proxecto Aventura Plástica e coa redución dos residuos plásticos, podes visitar a nosa tenda na que están expostas todas as pezas que producimos actualmente.
Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con nuestras politicas de privacidad, aviso legal y uso de cookies.Aceptar